Tag Archive for turismo gastronómico

Xornada de portas abertas nas principais adegas galegas

Este próximo sábado día 26, Turgalicia organiza en colaboración coas 5 asociacións de rutas vitivinícolas galegas unha xornada de portas abertas. Nela, todas as adegas participantes na promoción inclúen unha visita guiada e gratuita polas súas instalacións, ademáis de catas de viño ao final. Podedes visitar unha ou varias adegas, as que queirades. A maiores, tamén se ofrecen rutas guiadas pola zona ou outro tipo de actividades, aínda que a maioría destas son de pago, así como descontos en aloxamento.

No folleto que Turgalicia editou sobre a Xornada de Portas Abertas, encontraredes toda a información referente á Xornada, ás 5 rutas do viño, aos programas de actividades a maiores que desenvolven (mirade ben se son de pago e canto custan) e aos restaurantes adscritos á promoción, xunto cós listados de menús que ofertan a 25€.

Acerca destes menús, en Vigo Low Cost non negamos que poidan estar moi ben e ser moi interesantes, pero de lowcosteros non che teñen nadiña. A nosa proposta alternativasempre que a meteoroloxía o permita– é que montedes un picnic pola vosa conta con cousiñas que traiades de casa, xa que seguramente aproveitaredes para coñecer as inmediacións das adegas, a paisaxe, etc.

Para asistir á Xornada de Portas Abertas, só tedes que poñervos en contacto coa asociación da ruta vitivinicola que corresponda e que vos anoten. Aquí tedes o listado:

Asociación da Ruta do Viño de Monterrei (no sureste da provincia de Ourense, preto da fronteira con Portugal)

  • 988 590 354
  • info@rutadelvinomonterrei.com
  • www.rutadelvinomonterrei.com

Asociación da Ruta do Viño Ribeiro (na zona occidental da provincia de Ourense, preto da capital)

  • 988 472 044
  • rutadelvinoribeiro@gmail.com
  • www.rutadelvinoribeiro.com

Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas (recorre boa parte da provincia de Pontevedra, de norte a sur)

  • 986 521 008
  • info@rutadelvinoriasbaixas.com
  • www.rutadelvinoriasbaixas.com

Asociación da Ruta do Viño Ribeira Sacra (entre as provincia de Lugo e Ourense)

  • 982 410 968 / 698 767 991
  • rutavino@ribeirasacra.org
  • www.ribeirasacra.org

Asociación da Ruta do Viño Valdeorras (noroeste da provincia de Ourense)

  • 988 312 117
  • info@rutadelvinovaldeorras.com
  • www.rutadelvinovaldeorras.com