A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) inicia a súa nova Programación de Actividades Formativas 2016 no marco da Rede Eusumo. Nesta ocasión presenta 8 cursos presenciais e gratuítos, dirixidos a toda persoa interesada en aprender sobre cooperativismo, que se levarán a cabo entre os meses de xuño e xullo nas localidades de A Coruña, Sada, Ames, Vilagarcía de Arousa, Ribadeo e Vigo.
Para a nosa cidade están programados dous cursos, que vos expoñemos a continuación. Impartiranse presencialmente na Cámara de Comercio de Vigo (r/República Arxentina, 18 A) en horario matinal e teñen unha duración de 20 horas cada un:
Elabora o teu plan de empresa colaborativo
- Do 5 ao 8 de xullo de 09:30 h a 14:30
- Consulta aquí o programa
- Formulario de inscrición
Contabilidade para o emprendemento cooperativo
- Do 26 ao 29 de xullo de 09:30 h a 14:30
- Consulta aquí o programa
- Formulario de inscrición
Máis información:
- A sede de UGACOTA en Vigo está en r/Cronista Rodríguez Elías, 2
- Teléfono: 986 13 65 92
- Mail: nuria@ugacota.coop
- Web