Esta tarde dará comezo a XV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), que da a oportunidade de subiren ás táboas a sólidas formacións teatrais nacidas nos campus de Galicia e de fóra da comunidade. Nesta ocasión renderase homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor teatral ao que precisamente está adicado este ano o Día das Letras Galegas.
Ao igual que o pasado ano, nesta edición a MITEU tamén terá dous escenarios: a Mostra intercalará as representacións nas instalacións do campus universitario con outras no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Ademáis, todas as funcións serán de entrada libre ata completar aforo.